XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local destinará preto de 200.000 euros á mellora do pavillón de Monte dos Postes

09/06/2017 A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente da obra de reforma da cuberta e mellora da iluminación do pavillón deportivo municipal de Monte dos Postes, un proxecto longamente demandado. A actuación será adxudicada mediante procedemento negociado sen publicidade. O tipo de licitación establecido é de 190.000 euros.

O obxectivo da actuación é establecer as medidas correctoras construtivas tanto na cuberta, para solucionar a entrada de auga e reducir a reverberación acústica, coma no interior, e mellorar a iluminación do espazo.

Festa do Deporte
Relacionado co Departamento de Deportes, a Xunta de Goberno aprobou a celebración da Festa do Deporte, á que se destina un orzamento de preto de 50.000 euros. A actividade está programada para o vindeiro sábado 17 de xuño, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 14:30 a 20:30 horas.

Outros acordos
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou o texto do convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros de Compostela, para o curso 2017-2018 e 2018-2019. A achega do departamento autonómico será de case 150.000 euros.

Por último, aprobouse o programa de actividades do Compostela Móvese e o gasto correspondente, de 155.000 euros. Ao abeiro deste programa, tamén se aproba a convocatoria de axudas para o apoio a empresas de recente creación e o gasto correspondente por importe de 80.000 euros.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: