EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Exposición pública da listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2017/18

07/06/2017 Finalizado o período de preinscrición para novo alumnado, publícase a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 17 de marzo de 2017.

As prazas adxudicáronse, de acordo coas solicitudes recibidas, tendo en conta en primeiro lugar os/as empadroados/as no Concello de Santiago de Compostela con irmáns/ás matriculados/as actualmente na EMM. En segundo lugar tivéronse en conta os/as empadroados/as. Pero como existían máis solicitudes que prazas, procedeuse a un sorteo público no Concello de Santiago o 6 de xuño de 2017 das seguintes especialidades: Preparatorio á Música e Movemento (3 anos), Iniciación á Linguaxe Musical 1 (6 anos) e Clarinete PEPA (Plan Educativo para Adultos).

Establécese agora un prazo de reclamacións de cinco días naturais contados dende a data de exposición destas listaxes na páxina web municipal www.santiagodecompostela.gal e no taboleiro de anuncios da EMM.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe no Departamento de Educación e Cidadanía (teléfonos 981 554 400/401) ou na Escola Municipal de Música (teléfonos 981 528 701), e efectuar as reclamacións debidamente documentadas, no Rexistro Xeral (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), dende o día 7 ao 11 de xuño, ambos os dous incluídos.

A exposición pública da relación definitiva de admitidos na EMM será o 13 de xuño de 2017 polos mesmos condutos.

Documentos relacionados



Compartir: