ALCALDÍA

O Concello reitera o compromiso de colaboración co Colexio de Educadores Sociais de Galicia

07/06/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse coa presidenta do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, Mónica Serrano, e cunha das súas vogais, Natalia Domínguez.

Na xuntanza, as representantes do CEESG explicaron a iniciativa que están levando a cabo para impulsar unha lei de educación social e falaron sobre papel que xogan nos servizos sociais e comunitarios. O alcalde e a concelleira reivindicaron ese papel na sociedade e amosaron o seu compromiso coa educación social, duplicando o persoal educador do Concello para as políticas sociais.

O encontro serviu tamén para constatar as boas relacións que o Concello mantén co Colexio, que participa na Mesa de traballo de atención ás persoas sen fogar. Tamén foi parte fundamental na elaboración da ordenanza Compostela Máis.

Compartir: