EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia explican a súa experiencia de reinserción a escolares do IES Rosalía de Castro

06/06/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu á charla que un grupo de persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia ofreceu no IES Rosalía de Castro. Estes reclusos e reclusas están en Compostela tras realizar o Camiño de Santiago como parte do seu plan de reinserción. Na xornada de onte foran recibidos polo alcalde, Martiño Noriega.

A expedición chegou este luns a Compostela tras realizar os últimos 150 quilómetros do Camiño entre Pedrafita do Cebreiro (de onde partiran o 31 de maio) e Santiago de Compostela. Unha representación destes reclusos/as explicoulle ao alumnado a súa experiencia na ruta e o seu significado dentro do programa de reinserción que seguen.

Compartir: