ALCALDÍA

Recepción a un grupo de persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia

05/06/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu un grupo de internos/as do Centro Penitenciario de Segovia, que un ano máis realizaron o Camiño de Santiago.

A expedición chegou este luns a Compostela tras realizar os últimos 150 quilómetros do Camiño entre Pedrafita do Cebreiro (de onde partiran o 31 de maio) e Santiago de Compostela. Martiño Noreiga desexoulles a todos/as unha feliz estancia na cidade e felicitounos por cumplir co obxectivo de chegar á praza do Obradoiro.

Os recluso e reclusas, que levaban camisetas de promocionais de Segovia, recibiron un agasallo en lembranza do seu paso por Compostela.

Compartir: