EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) nos prazos establecidos. Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación.
O modelo oficial pode descargarse nesta mesma web ou solicitarse no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio Cersia, rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos centros de ensino obxecto desta convocatoria.
Unha vez completado o proceso administrativo coa adxudicación do contrato, procederase á publicación da listaxe de admitidos/as e excluídos/as nos servizos de comedor e de madrugadores. Para facer efectiva a alta, será requisito imprescindible achegar cuberto e asinado o impreso de domiciliación bancaria que será facilitado polo concesionario do servizo. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores.
O réxime de prezos será acordado pola Xunta de Goberno unha vez que a Xunta de Goberno Local adxudique o servizo.
Ábrese o prazo de reserva e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
01/06/2017 Este venres, 2 de xuño, ábrese o prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago para o curso 2017-2018. A inscrición estará aberta ata o 23 de xuño.
Pódese facer a reserva de praza e matrícula en calquera dos seguintes centros, tanto no caso do servizo de comedor como no de madrugadores: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas. No caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só se pode solicitar a participación no servizo de madrugadores.O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) nos prazos establecidos. Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación.