O Goberno de Compostela lamenta a situación de violencia rexistrada esta tarde na cidade

30/05/2017 O Goberno compostelán reproba os actos violentos rexistrados esta tarde en Santiago, e que causaron desperfectos en varios puntos da cidade histórica.

O Concello lamenta profundamente que a concentración convocada como mostra de repulsa polo desaloxo, esta mañá, dun edificio da rúa da Algalia -que funcionaba como Centro Social Ocupado desde hai anos- derivara en escenas impropias da capital galega que non se poden amparar nin xustificar.

O goberno de Santiago considera que calquera reivindicación é posible se transcorre de xeito pacífico e respectuoso. Así mesmo, o Goberno lamenta que non se optara polo diálogo como via de solución para a situación dun edificio que non estaba provocando ningún problema de convivencia na cidade.

Compartir: