URBANISMO

Informe favorable da Xunta e Galicia ao Plan Xeral de Ordenación Municipal

26/04/2005 O informe da Xunta de Galicia permitirá a aprobación do Plan Xeral Municipal nos prazos inicialmente previstos: a exposición pública do documento podería realizarse os durante os meses de xuño e xullo.

O Concello recibiu o martes, 26 de abril, o informe previo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, informe sobre o que, despois dunha primeira lectura, o Concelleiro de Urbanismo, Luis Toxo, manifestou estar "razonablemente satisfeito" por canto permitirá a aprobación inicial do PXOM no calendario previsto.

O informe da Xunta de Galicia pide aclaracións ou xustificacións de aspectos como a previsión de solo para posibles ampliacións da administración autonómica ou da Universidade e a reserva de solo para a conexión mediante ferrocarril co aeroporto de Lavacolla. Solicítase tamén ampliación dos aspectos estratéxicos do plan co fin de establecer un proxecto contínuo de cidade.

A partir de agora o seguinte paso será a lectura do informe por parte dos técnicos municipais e do equipo redactor, antes da súa remisión á Comisión de seguimento do plan. Esta Comisión proporá, a súa vez, a aprobación do Plan Xeral polo Pleno do Concello.

A intención do Goberno municipal é poder someter o PXOM a exposición pública nos meses de xuño e xullo.

Compartir: