ALCALDÍA

Recepción en Raxoi ao presidente da Cámara de Representantes de Uruguai, José Carlos Mahía

29/05/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o presidente da Cámara de Representantes da República Oriental de Uruguai, José Carlos Mahía. Tamén acudiron ao encontro a cónsul xeral de Uruguai en Galicia, María del Huerto Arcaus; os deputados Carlos Varela e Gerardo Amarilla; e o secretario do Grupo Interparlamentario Uruguaio, Óscar Piquinesa.

Martiño Noriega parabenizou a José Carlos Mahía polo seu nombramento como presidente da Cámara en marzo de 2017, despois un acordo político entre moitas das forzas do arco parlamentario. Fixo fincapé nos lazos que unen Santiago e Uruguai e citou a Eduardo Galeano, quen en 2008 chegaba a Compostela para presentar un dos seus libros máis famosos.

Pola súa parte, o presidente da Cámara destacou as súas orixes compostelás e amosou o seu agradecemento ao Concello pola acollida en Santiago.

O rexedor local entregoulle como agasallo ao presidente da Cámara uruguaia unha copia do Códice Calixtino en varias linguas. Posteriormente, ambos os dous mantiveron unha reunión na Alcaldía.

Compartir: