EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Grupo de Educación do Eixo Atlántico reuniuse na cidade lusa de Braga

29/05/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu a reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, celebrada este luns na cidade portuguesa de Braga. Ademais de Santiago, estiveron representadas as cidades de Santa María da Feira, Braga e Ourense, xunto con integrantes do Eixo Atlántico.

Un dos asuntos tratados foi o da capitalidade cultural do Eixo en 2018, que recaerá en Santa María da Feira, e a de 2020, que probablemente asumirán conxuntamente Braga e Santiago de Compostela. Tamén se abordou a última modificación do Programa de Intercambios Escolares para iniciar no curso que vén, 2017-2018.

Compartir: