INVESTIMENTOS

Novos investimentos para Compostela

04/12/2006 O voceiro do Goberno e deputado provincial, Francisco Candela, anunciou os investimentos para Santiago previstos nos orzamentos da Deputación da Coruña PARA 2007. O órgano provincial destinará a Santiago 1.260.000 euros en subvencións nomitativas, ademais de executar outra serie de proxectos de infraestruturas, deportes ou sociais.

En particular, Candela referiuse á participación da Deputación da Coruña na Fundación Refuxio de Animais, na que participará cunha achega de 30.000 euros. Tamén colaborará coa USC no financiamento de prácticas nos Concellos para os estudantes da Escola de Práctica Xurídica (40.000 euros). Os investimentos directos complétanse co Plan de Herba Artificial no campo das Cancelas (390.000 euros) e coas infraestruturas viarias (4,7 millóns de euros).

No eido das subvencións, salientan os 300.000 euros destinados ás actividades culturais do Auditorio de Galicia e os 325.000 euros destinados aos centros socioculturais. Tamén se contemplan partidas para a terceira fase do centro social de Down Compostela, para a construción do edificio CERSIA, para Curtocircuito 2007, para o programa Compostela Festival ou para as fundacións Granell e Torrente Ballester, entre outras achegas.

Compartir: