PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago busca novos compradores

04/12/2006 O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, e o director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galica, Turgalicia, Xesús Pereira, asinaron o convenio para o desenvolvemento da campaña Compostela Capital de Compras, co obxeto de convertir á cidade nun referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

O convenio contempla un orzamento de 109.000 euros para o desenvolvemento das accións publicitarias de Compostela capital de Compras, o que supón un incremento do 354% respecto da campaña do ano pasado, á que a Concellaría de Promoción Económica e Comercio destinou 24.000 euros. 49.000 euros son aportados pola Concellaría e os 60.000 euros restantes por Turgalicia.

Compostela Capital de Compras contempla a difusión de 236 cuñas de radio e de 131 pases en televisión. Por primeira vez estará nas desconexións da RTP, a Radio Televisión Portuguesa para o norte do país, e en Internet. A campaña complétase cunha valla publicitaria en Tui, na fronteira con Portugal e con carteis publicitarios nos mupis interiores de Renfe e nas portas do aeroporto de Santiago.

As asociacións de comerciantes e as grandes superficies comerciais ubicadas en Compostela coñecen e aproban os contidos e a difusión de Compostela Capital de Compras. A Concellaría contrastou e mellorou con elas a proposta inicial.

Compostela Capital de Compras é unha das liñas de actuación contempladas no Plan de Excelencia Comercial, asinado o 13 de novembro coa Deputación de A Coruña. A finalidade do plan é conseguir un comercio atractivo, competitivo e de calidade para convertir a Compostela na capital de compras da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Na área de Compostela existen medio millón de consumidores ou potenciais compradores. A Concellaría de Promoción Económica e Comercio deseñou Compostela Capital de Compras co obxetivo de ampliar esa área a toda Galicia e ao norte de Portugal. Para acadar este obxetivo na campaña sintetizamos dous conceptos: a idea de pasear e coñecer Santiago e a idea de mercar en Compostela. Mercar disfrutando da cidade.

En Santiago hay 3.922 establecementos comerciais e hosteleiros. Trátase dun sector que concentra altas porcentaxes de contratación, polo que compre potencialo a través de campañas publicitarias como Compostela Capital de Compras, nunhas datas, o Nadal, nas que se producen millóns de desprazamentos a destinos de proximidade e se realizan numerosas e importantes compras.

Compartir: