EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

O intendente de Bos Aires trasmítelle á concelleira de Emigración o desexo de irmandarse con Santiago

04/12/2006 A Concelleira de Emigración e Inmigración do Concello de Santiago, Teresa Regúlez, reuniuse esta mañá na Casa do Concello, co delegado para Arxentina e América do Consello da Galeguidade, Santos Gastón Juan.

Juan transmitiulle á concelleira o desexo do intendente (alcalde) de Bos Aires, Jorge Telerman, de levar a cabo un irmandamento entre Santiago de Compostela, capital de Galicia, e a cidade bonaerense, capital de Arxentina e da quinta provincia galega.

Entre Santiago de Compostela e Bos Aires hai asinado desde 1990 un convenio de cooperación, pero a Telerman, segundo manifestou Santos Gastón, gustaríalle ir máis aló e proxectar intercambios e actividades entre as dúas cidades.

Compartir: