HOMENAXE

Santiago honra ás dúas primeiras mulleres que accederon á súa universidade

02/12/2006 A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, estivo en Compostela para inaugurar oficialmente a Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que honra a memoria das súas dúas tías, as primeiras mulleres en acceder á Universidade de Santiago, alá por 1919. Foi na carreira de medicina, e malia todas as dificultades que atoparon, remataron con matrícula.

A Universidade decidiu outorgarlle o nome de estas dúas pioneiras á antiga Casa Simeón, situada en Casas Reais e que hoxe é a sede do Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social.

Teresa Fernández de la Vega, de visita oficial en Galicia, descubriu unha placa en lembranza das súas tías, nun acto ao que tamén asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; e o arquitecto do edificio e ex alcalde de Santiago, Xerardo Estévez. A propósito da placa, dáse a circunstancia de que neste edificio precisamene foi onde o Concello de Santiago puso unha placa en braille.

Compartir: