ALCALDÍA

O Arteal Tenis de Mesa continúa sumando éxitos

12/05/2017 O alcalde de Santiago, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu no Pazo de Raxoi aos xogadores e xogadoras do Arteal Tenis de Mesa que veñen de gañar, tanto por equipos como en categoría individual masculina como feminina, o Campionato Galego de Tenis de Mesa, celebrado en Noia o pasado fin de semana. Martiño Noriega felicitou os/as deportistas dun club que segue colleitando éxitos na elite deste deporte. Encabezaba a delegación o presidente do Arteal, José Alborés.

O Arteal Tenis de Mesa proclamouse campión galego absoluto por equipos tanto en categoría masculina como feminina. José M. Gómez gañou o Campionato Galego na categoría absoluta individual, mentres que, na categoría feminina, a gañadora foi Raquel Bonilla, quen se enfrontou na final a outra xogadora do club compostelán, Judith Cobas. Ademais, outra das semifinalistas, Belén Calvo, tamén pertence ao Arteal.

Compartir: