ALCALDÍA

Recepción ás persoas participantes no Congreso Fiare Banca Ética

12/05/2017 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu as persoas participantes na Asemblea de Socios de Fiare Banca Ética, que se celebra este sábado, simultaneamente, en Santiago de Compostela e en Turín (Italia).

Fiare Banca Ética defínese coma un banco nas mans da cidadanía organizada, constituído como sociedade cooperativa por accións, que actualmente opera en territorio italiano e español, co obxectivo de fomentar a cooperación e a solidariedade. Financia proxectos en áreas como o benestar social, a eficiencia enerxética, o medio ambiente, a agricultura de proximidade, a cooperación internacional, a animación sociocultural ou o comercio xusto.

Compartir: