NADAL

Os Reis Magos, principais protagonistas dos carteis de Nadal deste ano

01/12/2006 Un cartel dun rapaz de cinco anos, Xan Limia García, do Colexio Vilas Alborada, foi o gañador da edición de 2006 do Concurso de carteis e do programa de Nadal. A estampa representa ao rei Baltasar, o protagonista de boa parte dos carteis presentados este ano xunto con Melchor e Gaspar.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, tiveron ocasión de compartir uns minutos cos autores dos carteis presentados, que destacaron un ano máis póla súa orixinalidade e calidade. O debuxo gañador converterase no cartel que colgará de escaparates e locais durante as datas do Nadal.

O segundo clasificado irá no programa de actividades. Neste caso resultou elixido o cartel Álvaro Fernández Villaverde, do CEIP Fontiñas (4 anos). O terceiro premio recaeu en Andrés Otero Castrelo, do colexio San Xosé Cluny ( 5º primaria). Ademais, atendendo á calidade dos traballos presentados concedéronse accesits á Escola Infantil de Conxo, á aula de 2 e 3 anos da Escola Infantil do Hospital Gil Casares e a Daniel Otero Ron do Colexio Xuventude ( 4 anos).

Compartir: