PARQUES E XARDÍNS

Compostela renova a súa decoración para o Nadal

01/12/2006 As rúas de Compostela contarán durante cinco semanas cunha nova e chamativa decoración de Nadal. O concelleiro de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, presentou estas novidades, que consisten principalmente nuns pequenos parques luminosos que darán un colorido especial á diversas rúas da cidade durante estas datas.

Bernardino Rama indicou que "para este Nadal seguen a manterse os elementos máis tradicionais, pero quixemos dar un salto, co que á vez se quere achegar a decoración do Nadal a máis puntos da cidade". En particular destacan uns pequenos parques luminosos, cunha parella de cervos, que se situarán en cinco rúas do Ensanche. As mesmas figuras acompañarán á arbore luminosa que estará na Praza Roxa. Estas luminarias estarán rodeadas

Esta decoración de Nadal complétase co nacemento de luz da Praza do Obradoiro, co nacemento nunha vidreira de Fontiñas, cunha escultura dun nacemento no Parque Eugenio Granell, cun nacemento típico na Avenida Castelao (Vite) e cun retablo na esquina de Romero Donallo coa Avenida de Ferrol.

Estas figuras luminosas foron achegadas por unha empresa francesa e o investimento na decoración luminosa a cargo de Parques e Xardíns foi de 25.000 euros. Esta decoración acenderase ao mesmo tempo que o resto do alumeado de Nadal, o sábado 2 de decembro.

Compartir: