BENESTAR SOCIAL

Santiago contará cunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña

01/12/2006 O Concello de Santiago chegou a un acordo coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e coa Fundación de José Otero Otero e a súa dona para a construción dunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña. O novo centro será sufragado pola devandita Fundación e xestionado pola Xunta. O Concello cede para o mesmo 5.000 metros cadrados de terreos municipais.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o agradecemento da cidade cara José Otero Otero e a súa dona por un investimento do seu patrimonio persoal que afecta non só á construción da residencia, senón tamén a un fondo para o seu mantemento durante varias décadas. A residencia contará cunhas 150 prazas e na actualidade o promotor está a consultar a arquitectos para o debuxo dun proxecto que se porá en marcha de inmediato.

Compartir: