XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a programación da Ascensión

28/04/2017 A Xunta de Goberno aprobou hoxe a memoria xeral de actividades das Festas da Ascensión 2017, cun orzamento dalgo máis de 200.000 euros. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que a programación "seguirá na liña dos últimos anos, apostando pola descentralización e por actividades para públicos de distintas idades".

Aínda que a programación se presentará en detalle a próxima semana, o alcalde avanzou que "teremos un escenario principal na praza da Quintana, un escenario secundario noutro punto da cidade histórica, con actividades a diario, e actividades específicas para o público infantil".

Actividades de Mocidade
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a programación de actividades da Concellaría de Mocidade, que se desenvolverán con cargo aos orzamentos participativos entre xullo e decembro deste ano. O gasto total ascende a 99.273,33 euros. Tamén se deu conta da actividade realizada polo mesmo Departamento ao redor do 8 de marzo, denominada "Tamén é machismo", e á que se destinaron algo máis de 700 euros.

Outros acordos
Outro dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno foi a aprobación do convenio e a transferencia corrente á Fundación Granell, por un importe de 135.000 euros.

A proposta do concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia aprobouse a apertura do prazo para formular as solicitudes de nova concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas. O trámite poderase facer do 2 ao 30 de maio, ambos incluídos.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: