VIVENDA

Visto bo ao proxecto de expropiación do Sup-7 de Pontepedriña

01/12/2006 O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) ratificou o acordo ao que se chegou co 96% dos propietarios do solo do Sup-7 de Pontepedriña II. Deste xeito, o proxecto de expropiación poderá someter probablemente á aprobación da Xunta de Goberno Local do luns 11 de decembro. Deste xeito cumpriranse os prazos e as obras estarán en marcha no mes de marzo.

O acordo ao que se chegou afecta a máis de 76.000 metros cadrados do total do solo, onde se construirán, 646 vivendas, das que ata un 75% serán vivendas de protección oficial (incluídas 64 vivendas sociais) ou autonómica, e o resto de prezo libre taxado. O orzamento das obras de urbanización deste solo é de 5.944.154 euros.

Compartir: