ACCIÓN CULTURAL

Marianna Prjevalskaya pecha o Ciclo de Piano Ángel Brage no Auditorio de Galicia

26/04/2017 O Ciclo de Piano Ángel Brage pecha á súa novena edición coa presenza doutra pianista de recoñecido prestixio internacional. Despois de Olga Scheps e Gabriela Montero, será Marianna Prjevalskaya quen pase polo escenario do Auditorio de Galicia. Ofrecerá un programa con obras de Mozart, Beethoven, Brahms e Rachmaninov.

Marianna Prjevalskaya é unha das pianistas españolas máis interesantes da súa xeración. Encomiada pola crítica como "unha maestra do piano" e "unha gran pianista", as súas actuacións cativan ao público pola súa madurez. Recibiu recoñecementos como o primeiro premio e medalla de ouro no Cincinnati World Piano Competition (2013) ou o segundo premio e 1ª clasificada no Concurso Internacional de Piano Panamá 2012.

As entradas están á venda a 12 euros, cos descontos habituáis, no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas; no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día do concerto a partir das 18:00 horas e en entradas.abanca.com.

Compartir: