EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Portadas dun importante impacto plástico
A mostra poderá visitarse ata o 30 de abril. Recolle unhas portadas ilustradas e deseñadas por profesionais de recoñecido prestixio neste ámbito. Carlos Casares, ademais de escritor, tivo un especial coidado por conseguir unas portadas para os seus libros dun fortísimo impacto plástico, para o que buscou autores e ilustradores que expresaran o contido dos seus libros: ilustradores como Luis Seoane, Egon Schiele, Xohán Ledo, V. van Gogh, Hooper, Manuel Uhía, Pedro de Llano, Xan López Domínguez, Penélope Ares, Marga Puncel, Luis Mariño, Enjamio, Saint Exupéry ou Meixide; e deseñadores como M. Janeiro, Xoán G., Mantecón, Fausto Isorna, Miquel Puig, Satué, Ubach ou C. Serrahima. A exposición conta cun catálogo a disposición dos visitantes.
Son máis de 60 portadas as que ilustran a produción do escritor Carlos Casares (Ourense, 1941 – Ramallosa (Nigrán), 2002), quen foi tamén un dos intelectuais máis importantes do noso país, presidente do Consello da Cultura Galega e director da Editorial Galaxia, entre outras responsabilidades desempeñadas ao longo da súa vida.
"As caras dos libros: os deseños das portadas na obra de Carlos Casares", nova exposición no CSC da Rocha
21/04/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este venres á inauguración da exposición As caras dos libros: os deseños das portadas
na obra de Carlos Casares, no Centro Sociocultural da Rocha. A mostra está organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte e homenaxea a un dos referentes da historia da literatura galega, a quen este ano 2017 se lle dedica o Día das Letras Galegas.