EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Charla con Antonio Sandoval no marco da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura

21/04/2017 A Concellaría de Educación e Cidadanía programou para este martes 25 de abril unha sesión formativa aberta ao profesorado e ao público interesado co escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval. Será ás 18:30 horas na Galería Sargadelos, no marco da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha última carta".

"A necesidade de naturalización do entorno escolar" e o título desta charla a cargo de Antonio Sandoval, autor de obras como ¿Para qué sirven las aves?, Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal, ou a novela BirdFlyway. Un viaje en familia por la Ruta de las Aves, e coautor de Cuándo ver aves en Galicia. Colabora con diversos medios de comunicación e forma parte do equipo "Prensa Escuela", de La Voz de Galicia. Participou en numerosos proxectos de educación ambiental, interpretación do patrimonio e turismo de natureza, e está vinculado a varias organizacións de estudo e conservación do medio natural.

Máis información no teléfono 981 554 400 e no correo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal.

Compartir: