EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Rede Internacional "A cidade das nenas e dos nenos" confirma a adhesión de Santiago de Compostela

20/04/2017 O Laboratorio Internacional encargado da coordinación da Rede Internacional "A cidade das nenas e dos nenos" vén de comunicar a recepción da carta de adhesión á mesma do Concello de Santiago. A incorporación a esta Rede fora aprobada en pleno pola Corporación.

Esta Rede foi impulsada polo italiano Francesco Tonucci, pedagogo autor do libro A cidade dos nenos, que foi tomado como referencia por pedagogos, arquitectos e xestores públicos á hora de deseñar os tecidos urbanos.

Da Rede Internacional "A cidade das nenas e dos nenos" forman parte urbes de todo o mundo, entre elas 70 localidades españolas, que se comprometen a promover políticas públicas de actuacións nos espazos urbanos nas que as persoas sexan as protagonistas e nas que se limite a presenza do tráfico.

Compartir: