DEPORTE

SantYaGo10K ten xa case 200 persoas inscritas a un mes para a carreira

06/04/2017 SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostelas, celebrarase o sábado 6 e maio ás 22:00 horas. Cando queda aínda un mes para a carreira hai xa preto de duascentas persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un circuito lineal de 10 kilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico. Nas dúas primeiras edicións, a participación chegou ás 2.000 persoas.

As inscricións poden facerse de dous modos distintos, cubrindo o formulario de inscrición que se atopa na paxina da carreira, www.santyago10k.es, e facendo o pago directamente on line, ou cubrindo o formulario pero facendo o pago presencialmente no Multiúsos Fontes do Sar ou en Santa Isabel.

Neste edición hai dous prazos de inscrición na carreira. O primeiro prazo é ata o 23 de abril, cun prezo de 7 euros. O segundo prazo é ata o 30 de abril, cun prezo de 15 euros. Os socios do Multiúsos Fontes do Sar e de Santa Isabel terán un prezo especial de cinco euros se se inscriben presencialmente antes do 23 de abril.

SantYaGo10K naceu en 2015 da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo.

Toda a información da carreira pode consultarse en www.santyago10k.es. Tamén pode seguirse nas redes sociais da carreira en Facebook e Twitter.

Compartir: