ALCALDÍA

Recepción aos participantes no V Encontro Internacional de Estudantes e Profesores de Catalán no Exterior

05/04/2017 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción aos participantes no V Encontro Internacional de Estudantes e Profesores de Catalán no Exterior, que se celebra en Santiago do 4 ao 7 de abril. Unha vintena de alumnos e alumnas visitaron o Pazo de Raxoi, acompañados polos seus profesores Mercé López Casas e Andratx Badiá.

Santiago é a primeira cidade da Península Ibérica en acoller este encontro, unha iniciativa que se enmarca na rede universitaria Ramon Llul de estudos cataláns no exterior. Esta quinta edición das xornadas está organizada polo Departamento de Filoloxía Catalá da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, e conta coa participación de alumnado de seis países europeos distintos.

Compartir: