ALCALDÍA

Martiño Noriega participa na tradicional poxa das uñas de San Lázaro

03/04/2017 O alcalde de Santiago sumouse esta mañá á festividade de San Lázaro, e participou na tradicional poxa das uñas. Martiño Noriega estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. Os dous poxaron e conseguiron levar cadanseu lote de uñas.

Martiño Noriega lamentou que "os integrantes da comisión de festas decidirán deixar de organizar as celebracións, e lembrou que o Concello foi este ano promotor da Festa da Uña para garantir que se mantivera a tradición e houbera os tradicionais postos no barrio".

O Concello, promotor da festa
O alcalde asinou unha resolución pola que o Concello de Santiago se converteu na edición de 2017 en promotor da Festa da Uña, atendendo á tradición, ao seu interese turístico e ás peticións populares. Polo mesmo motivo, a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia facilitou a celebración dos festexos, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil prestou nestes días un servizo de especial atención ao barrio de San Lázaro.

Compartir: