DEPORTE

Preto de 500 ximnastas participarán no IV Torneo Viravolta de Ximnasia Rítmica

31/03/2017 A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o IV Torneo Viravolta de Ximnasia Rítmica que se celebrará este sábado 1 de abril no Polideportivo de Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada da presidenta do club, Wendy Rey.

Neste IV Torneo participarán preto de 500 ximnastas dun total de 55 clubs galegos que competirán en horario de mañá e de tarde. Máis de 100 profesionais son da nosa cidade. Así, de 10 a 14 horas terá lugar a competición escolar e de promoción, tanto en categoría individual como colectiva, e de 16 a 20 horas a competición absoluta na modalidade individual.

Neste torneo cóntase tamén coa presenza de sete xuízas internacionais que son Elena Sierra, Marta Bobo, Dolores Espasandín, Rosa Sierra, Sandra Estrada e Mirian Fernández. Noa Morales quixo convidar a todos os veciños e veciñas a achegarse polo pavillón para ver este partido, "tanto se xa sodes afeccionados e afeccionadas como se é o voso primeiro contacto coa ximnasia rítmica".

Wendy Rey quixo agradecer aos patrocinadores o apoio e lembrou que durante o torneo se sorteará material deportivo doado polas entidades privadas patrocinadoras e que son Jael Joyería, Xaquín Papelería, Baar Caamaño, CDM Sport Prendas Deportivas, Floristería Dorian, Gadis e Parking Catedral.

Club Viravolta
A concelleira de Deporte destacou que "en Compostela temos a honra de ter un clube de altísimo nivel como é o Viravolta". Nacido en 2011, conta xa cun campionato galego en categoría infantil e banxamín (2015), dous subcampionatos galegos en categoría infantil (2013) e benxamín (2015) e dous campionatos de España, acadados en Zaragoza (2015) e Valladolid (2016).

O torneo busca promocionar este deporte en Santiago e que a cidade se vexa enriquecida a través do momevento de preto de 1.000 persoas durante a xornada do sábado.

Compartir: