ACCIÓN CULTURAL

Aínda quedan prazas para a sesión deste venres de "Chega unha viaxe en familia"

30/03/2017 O Conservatorio Histórico de Santiago acolle mañá a partir das 16.00 horas unha nova sesión do programa Chega unha viaxe en familia, organizada pola Concellería de Acción Cultural. Para esta sesión aínda quedan prazas libres e pode reservarse no teléfono 981564808

Poden apuntarse nenos e nenas de 6 a 9 anos que gozarán de música en directo, exercicios musicais baseados na cultura popular e folclórica de diferentes países. En todo momento se fomentará a participación e as actitudes cooperativas. Os nenos e nenas participantes deberán levar roupa e calzado cómodo.

Sesións en abril e maio
O programa Chega unha viaxe en familia desenvolveuse en cinco sesións durante o mes de marzo e continuará nos vindeiros meses. As actividades para o mes de abril xa están completas e van dirixidas a nenos e nenas de 0 a 5 anos.

As sesións serán os dias 7, 21 e 28 de abril de 17.15 a 18.00 horas e os días 5, 19 e 26 de maio de 18.10 a 18.55 horas. Con estas sesións os e as máis pequenas da casa aprenderán a cooperar e desenvolver actitudes cooperativas, ao mesmo tempo que fomentan as súas aptitudes musicais. Iso si, farano sempre de xeito divertido e moi participativo.

Compartir: