TURISMO

Marta Lois asiste á inauguración das xornadas sobre o mercado alemán organizadas pola Cámara de Comercio

29/03/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acudiu esta mañá á inauguración dunhas xornadas sobre as potencialidades do mercado alemán que organizou a Cámara de Comercio co gallo da chegada de Lufthansa a Compostela.

Xunto á concelleira estiveron tamén o director da compañía aérea para España e Portugal, Carsten Hoffman; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey e o director do IGAPE, Juan Feijoo.

Marta Lois quixo darlle a benvida de novo a Lufthansa a Compostela e destacou a importancia do mercado alemán para o Camiño de Santiago e as oportunidades que estas novas conexións supón para seguir conectando a cidade co resto do mundo. Neste sentido Lois apuntou que "estas conexións abren novas oportunidades ao tecido empresarial galego que ten moito máis cerca poder crecer e desenvolver os seus proxectos no principal mercado da Unión Europea".

Compartir: