CIDADE
O Papa visitou a nosa cidade en dúas ocasións, en 1982 e 1989, e manifestou durante o seu papado un singular interese polo Camiño de Santiago. Bugallo lembrou tamén que a corporación municipal felicitou mediante un telegrama no día da súa elección ao Cardenal Ratzinger, agora Papa Benedicto XVI.
Santiago terá unha rúa dedicada ao Papa Xoán Pablo II
21/04/2005 O Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a intención de designar unha rúa co nome do Papa Xoán Pablo II, recentecemente falecido.
A iniciativa será tratada nun próximo pleno extraordinario no mes de maio e responde, segundo o alcalde, á intención de que se "inmortalice a presenza en Santiago de Xoan Pablo II".O Papa visitou a nosa cidade en dúas ocasións, en 1982 e 1989, e manifestou durante o seu papado un singular interese polo Camiño de Santiago. Bugallo lembrou tamén que a corporación municipal felicitou mediante un telegrama no día da súa elección ao Cardenal Ratzinger, agora Papa Benedicto XVI.