RELACIÓNS VECIÑAIS

O alcalde preside a reunión do Consello de Relacións Veciñais

23/03/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu na tarde de onte unha xuntanza do Consello de Relacións veciñais que tiña como principal obxectivo presentar os orzamentos municipais de 2017, xa aprobados de forma definitiva.

Na reunión tamén se analizou o proceso dos orzamentos participativos, tanto no que ten que ver coa plasmación das propostas recollidas ao longo do ano pasado nas contas deste ano, como coa posta en marcha do novo procedemento para aprobar os novos proxectos de cara aos orzamentos de 2018.

Ademais, na xuntanza falouse das subvencións ás asociacións veciñais e do programa "Ao Vivo", que está a levar ao alcalde e a todos os integrantes do goberno compostelán polas distintas áreas de Compostela para render contas e recoller novas demandas da cidadanía.

Na reunión presidida polo alcalde participaron tamén concelleiros de PP, PSOE e BNG, así como osrepresentantes veciñais da zona rural e da zona urbana de Santiago.

Compartir: