IGUALDADE

O Concello e a Plataforma de Galeras homenaxean ás lavandeiras compostelás

17/03/2017 As concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo e de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Marta Lois e Concha Fernández, respectivamente, acudiron esta mañá ao parque de Galeras para descubrir o panel que homenaxeará ás lavandeiras compostelás.

Nun acto no que estiveron presentes membros da Corporación, da Plataforma de Galeras e cidadanía en xeral, Marta Lois lembrou "o significado que teñen estas mulleres e o traballo duro que desempeñaron lavando nos ríos de Compostela durante moitos anos".

A iniciativa partiu da Plataforma de Galeras e forma parte das accións postas en marcha pola Concellaría de Igualdade para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. "Queremos facer dos barrios e recunchos lugares de recordo", asegurou Lois.

Na inauguración tamén estivo presente a historiadora Encarna Otero, quen coñece moi ben a historia destas mulleres. Por iso, esta mesma mañá achegouse ao CEIP Raíña Fabiola para trasladarlle a alumnado de varias clases os seus coñecementos sobre as lavandeiras.

Compartir: