EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Apertura dos prazos de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música

17/03/2017 A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva de praza de alumnado actual, preinscrición e matrícula de novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018.

Os prazos específicos para cada especialidade, así como a documentación a entregar detállanse no documento adxunto. O prezo da matrícula é de 59,50 euros e as cotas mensuais son: Escola Infantil de Música, 35,65 €; Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA, 53,50 €; Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto, 42,80 €; e Formación musical complementaria a practica instrumental, 35,65 €.

Compartir: