SAÚDE

Recepción a participantes e relatores no CIMQ'17

13/03/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada dos concelleiros Rubén Cela (BNG) e Alejandro Sánchez-Brunete (PP) recibiu unha representación dos e das participantes Congreso Internacional Médico-Quirúrxico (CIMQ'17), que se celebra ata o mércores 15 de marzo na Facultade de Medicina. Preto de 350 congresistas participan no evento.

"Mentes que cambian o mundo" é o lema deste Congreso, unha iniciativa de estudantes de Medicina da USC coa pretensión de reunir os grandes nomes de ámbitos como as Ciencias da Saúde, a Medicina, a Bioloxía, a Bioquímica ou a Biotecnoloxía, e promover a idea de que o coñecemento en saúde é froito da colaboración e o traballo de conxunto de distintas disciplinas.

Ao longo das tres xornadas, o programa organiza as distintas intervencións agrupadas en tres bloques sobre Cirurxía, Medicina e Tecnoloxías aplicadas á saúde que se desenvolverán en mesas redondas con especialistas de distintas áreas.

Compartir: