CONVIVENCIA

O alcalde felicita os Bombeiros de Santiago no día do seu patrón

08/03/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, felicitou hoxe aos Bombeiros no día do seu patrón. Foi na recepción ofrecida no parque polo corpo, á que tamén asistiron o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e os voceiros do PP, Agustín Hernández; PSOE, Paco Reyes, e BNG, Rubén Cela. Ademais, participaron no acto os responsables da Policía Local, de Protección Civil, e dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Na recepción, o alcalde gabou "o labor e a entrega dos Bombeiros de Santiago, que demostran no seu día a día". Tamén tivo unhas palabras especiais de recoñecemento para o xefe do corpo, Xesús Martínez, que se xubilará este ano.

Compartir: