DEPORTE

Recepción ás seleccións de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña

07/03/2017 A concelleira de Igualdade, Marta Lois, acompañada doutros/as integrantes da Corporación, recibiu as seleccións absolutas de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña, que esta tarde, a partir das 20:30 horas, no Polideportivo de Santa Isabel, disputarán o Trofeo Cenor – Camiño de Santiago.

O obxectivo deste partido é a visibilización do deporte feminino, por iso o hashtag proposto para comentar o encontro é #ElasTamenXogan. As entradas teñen un prezo de cinco euros para as persoas adultas e de dous euros para menores de 18 anos. É o primeiro partido da selección galega absoluta feminina de fútbol sala dende o ano 1998.

Este encontro enmárcase dentro da campaña organizada pola Concellaría de Igualdade en colaboración con outros departamentos do Concello ao abeiro do 8 de marzo".

Compartir: