ALCALDÍA

O alcalde reunirase con Felipe VI este martes no Palacio da Zarzuela

03/03/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá despois da súa xuntanza co presidente da Xunta de Galicia que o próximo martes, 7 de marzo, será recibido polo Xefe do Estado no Palacio da Zarzuela, en Madrid.

Martiño Noriega solicitáralle unha reunión a Felipe VI para trasladarlle a necesidade de que convoque ao Real Padroado, que leva sen reunirse dende 2003. O alcalde considera fundamental a súa convocatoria para que se acorden investimentos, obras e servizos que precisa Santiago de cara aos Xacobeos 2021 e 2026 .

O Real Padroado está constituído polo Xefe do Estado en calidade de Presidente de Honra; o presidente do Goberno; os ministros de Educación, Cultura e Deporte, Asuntos Exteriores e Cooperación, Fomento, Economía, Industria e Competitividade, Facenda e Función Pública; o presidente da Xunta de Galicia; o delegado do Goberno en Galicia; o arcebispo de Santiago; o reitor da Universidade e o presidente do Consorcio e alcalde, Martiño Noriega.

Compartir: