XUNTA DE GOBERNO
Álbums Ilustrados
Tamén se aprobaron as bases do X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que convoca o Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka no marco da XVII Campaña de Animación á Lectura. O premio está dotado coa cantidade de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. Desa cifra, 8.000 son achega do Concello e 1.000 de Kalandraka.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno aprobou tamén a adhesión de Santiago ao programa Platea, que promove o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Dese xeito o Teatro Principal e o Auditorio de Galicia adhírense como espazos culturais e artísticos para o 2017.
Ademais, acordouse solicitar unha subvención á Deputación da Coruña por importe de 15.000 para a contratación dunha persoa técnica en xestión cultural, que terá un custo total de 38.685,68 euros. A Xunta de Goberno decidiu tamén declarar ao Departamento de Contratación e Servizos Comunitarios do Concello como servizo prioritario, co obxectivo de poder contratar persoal e cubrir a baixa médica existente no servizo.
A Xunta de Goberno dá conta do convenio coa USC para o acondicionamento do campo de fútbol do Campus Vida
03/03/2017 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou hoxe sobre os asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Na mesma deuse conta do convenio que o Concello asinou coa Universidade de Santiago para o acondicionamento do campo de fútbol e rugby do Campus Vida.
Tal e como anunciou Xan duro, "este convenio supón unha aportación económica de 200.000 euros por parte do Concello e de 50.000 da Universidade" e permitirá acondicionar unha instalación deportiva universitaria de moito uso. Suporá a utilización da mesma de maneira bonificada ao 100% para os equipos federados de fútbol e rugby ligados ao Concello.Álbums Ilustrados