SAÚDE

Concha Fernández asiste á inauguración do VIII Workshop da Sociedade Española de Probióticos

23/02/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu á inauguración do oitavo Workshop organizado pola Sociedade Española de Prebióticos e Probióticos.

Concha Fernández deulle a benvida aos e ás profesionais que forman parte da Sociedade e que nos vindeiros días reflexionarán sobre o impacto que teñen as bacterias que conforman a flora intestinal no organismo das persoas. A concelleira lembrou que "Santiago é un lugar de encontro, unha cidade pequena no cuantitativo -somos menos de 100.000 habitantes- pero enorme no cualitativo, sobre todo porque unha das súas maiores xoias é precisamente a Facultade na que nos atopamos".

Na súa intervención tamén lembrou a importancia que ten a investigación e o investimento en técnica médica e científica "para conquerir os retos que se nos plantexan no século XXI", co obxectivo de "ser capaces de facer das cidades lugares máis saudables e habitables para os nosos veciños e veciñas".

Compartir: