FESTAS DA ASCENSIÓN

Os maiores celebrarán a Festa dos nosos maiores o sábado, 7 de maio

22/04/2005 Un ano máis as Festas da Ascensión serán o marco para o encontro dos máis vetaráns veciños da cidade, que celebrarán a Festa dos nosos maiores o próximo sábado, 7 de maio.

O recinto feiral de Amio acollerá novamente esta Festa, que cumpre a súa sétima edición e na que participaron maís de duas mil persoas maiores o pasado ano, nunhas circunstancias ben especiais.

Daquela a data de celebración tivera que retrasarse unha data, ata o domingo 23 de maio, pola masiva petición dos propios homenaxeados para que non coincidira coa voda do Príncipe de Asturias e Letizia Ortiz. A festa tivo lugar o domingo tendo así a oportunidade de comentar entre eles o que sen dúbida fora acontecemento social do ano.

A partir do xoves, 28 de abril, pódense retirar os tíckets

Todos os interesados en participar nesta cariñosa homanaxe da cidade aos nosos maiores poden comezar a retirar os seus tíckets a partir do xoves, 28 de abril nas seguintes datas e puntos:

Días:
Xoves e venres 28 e 29 de abril.
Luns, martes e mércores. 2, 3 e 4 de maio.

Puntos de retirada de tíckets:
·Taquillas do Teatro Principal (rúa Nova): de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas
Oficina de Turismo da Praza de Galicia: mesmo horario

O prezo do tícket é de 4 euros, sen variación respecto do ano pasado

O día da festa, sábado 7 de maio, o Concello porá a disposición dos participantes un servicio de autobuses con saídas da praza de Galicia ás 12.00 horas, e regresos desde o recinto feiral a partir das 18.00

O programa previsto para este xornada especial é como segue:

13.00 h. Animación de cabezudos.
14.00 h. Xantar.
17.00 h. Actuación musical e baile coa Orquestra "SUPERCOMBO".

Compartir: