CONVIVENCIA

O Concello mantén pechados os parques da Alameda, Bonaval e Zeca Afonso

04/02/2017 O Concello decidiu hoxe manter pechados os parques da Alameda, Bonaval e Zeca Afonso, ante a posibilidade de que a auga acumulada produza novas caídas de pólas. Tamén seguen pechadas as instalacións deportivas ao aire libre, en moitos casos asolagadas.

Durante toda a noite e nas primeiras horas de hoxe, os membros do operativo especial activado polo Concello atenderon numerosos avisos por caídas de polas e árbores e por desprazamentos de contedores. Contabilizáronse máis de 20 episodios de apagados do alumeado público en lugares como Santa Marta, San Marcos, Bando, Conxo, Grixoa, Marantes, O Eixo, Aríns, San Lázaro ou O Castiñeiriño. Tamén se rexistraron algúns cables rotos en varios puntos da rede.

O operativo especial integrado pola Policía Local, Protección Civil, os Bombeiros e as empresas concesionarias dos diferentes servizos segue activado e atendendo as incidencias que se continúan producindo polo temporal.

Compartir: