ALCALDÍA

Inaugurada a VIII Exposición da Camelia da Rocha

04/02/2017 O alcalde, Martiño Noriega, inaugurou este mediodía a VIII Exposición da Camelia, organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte. No acto tamén participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Martiño Noriega mostrou o apoio do Concello a esta iniciativa, "que serve para poñer en valor a flor que nos identifica máis como pobo, aínda que a súa orixe estea nun lugar tan lonxano como Xapón".

A mostra da camelia poderase visitar ata mañá no Centro Sociocultural da Rocha Vella. Este ano participan 20 expositores, non só con flores, senón tamén con outros produtos como aceite de camelia ou xoias inspiradas nesta especie.

Ademais, a oitava edición da mostra da camelia serve de desculpa para outro tipo de actividades culturais. Así, esta tarde presentarase o libro de poesías Nas rúas de Compostela, de Rosalía Morlán. No acto, a autora estará arroupada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, polo investigador Armando Requeixo e polo presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, Carlos Delgado.

Compartir: