POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández asiste á inauguración da exposición "Sorrisos transformadores"

03/02/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu este venres á inauguración da exposición Sorrisos transformadores, impulsada pola Deputacion de Pontevedra a e Asociación de Familias de Menores Trans "Arelas".

Concha Fernández agradeceu e recoñeceu "o importante labor que asociacións como Arelas fan no día a día a prol dos dereitos dos menores trans en particular e das persoas transexuais en xeral". Ademais, Concha Fernández reivindicou "unha lei de identidade de xénero galega que sirva como marco legal para dotar de dereitos a este colectivo e evitar as discriminacións ás que se enfrontan en moitos eidos da súa vida".

A exposición, formada por 10 fotografías de Noemí Chantada, pretende amosar e normalizar a vida dos menores trans baixo o lema "Vive e deixa vivir".

Compartir: