DEPORTE
Esta proba será puntuable para o Ranking Nacional da FEBD, nas distintas especialidades presentes na competición: Latinos, Standard, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños. Ademais, incluirá tamén un Open Internacional de Bailes Latinos e outro de Bailes Standard.
Os ascensos de categoría fanse polo posto no Ranking Nacional e, para os deportistas galegos, é moi importante a celebración destas competicións puntuables en territorio galego para evitar o seu desprazamento a distintos puntos do territorio español.
Competición
"A principal característica de esta proba -segundo apuntou Graciela Toba- é que non é organizada por un club, senón, por BADEGA, asociación que recolle a todos os clubs galegos. Polo tanto, convértese nunha competición moi especial que une a todos os clubs, cun obxectivo, promover a participación dos seus deportistas nesta proba, xa que os beneficios serán destinados a recadar fondos para a creación da Federación Galega de Baile Deportivo".
Así, a entrada terá un custo de 6 euros para o público adulto, de 4 euros para as persoas xubiladas e gratuíta para menores de 10 anos. O presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, indicou que "para min é unha honra volver a Santiago, porque é unha cidade cunha gran tradición de baile deportivo e que acolleu numerosas competicións ata o ano 2013". Vañó tamén lembrou as cifras de deportistas en Galicia, que se converteu nos últimos anos no segundo territorio do Estado con máis licencias.
Case 350 parellas participarán este domingo en Santa Isabel no Torneo de Baile Deportivo BADEGA
01/02/2017 A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, e da delegada territorial en Galicia, Graciela Toba, presentou o Torneo de Baile Deportivo BADEGA, que se celebra esta fin de semana en Compostela.
A concelleira agradeceu "que a Federación teña elixido Santiago como sede para a celebración deste torneo" e animou "a todas as persoas a achegarse ao Pavillón de Santa Isabel este domingo, tanto se xa son afeccionadas a este deporte como se o queren coñecer por primeira vez". Na proba participarán 340 parellas de baile, practicamente todas as persoas con ficha na nosa Comunidade Autónoma.Esta proba será puntuable para o Ranking Nacional da FEBD, nas distintas especialidades presentes na competición: Latinos, Standard, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños. Ademais, incluirá tamén un Open Internacional de Bailes Latinos e outro de Bailes Standard.