XUNTA DE GOBERNO
Máis dun millón de euros de fondos provinciais para o rural en dous anos
Estas obras de mellora da pavimentación son as primeiras en saír a licitación do POS 2016 da Deputación da Coruña. Proximamente iniciarase o procedemento para os traballos nas parroquias de Busto e Marantes, por 180.251,87 euros; e en viarios de Sabugueira, Figueiras e Marrozos, por 212.274,09 euros. En total, o POS 2016 suporá investimentos de máis de 550.000 euros no rural de Santiago.
Ademais, o Concello ten finalizado xa as obras vinculadas ao POS 2015, que supuxeron outra achega de máis de medio millón de euros ás parroquias de Compostela. Vinculado a ese plan acometéronse obras de reparación e mantemento de viarios en Laraño, Villestro, Marrozos, Aríns, San Caetano, Santa Cristina de Fecha, San Xoán de Fecha, Nemenzo, A Peregrina, Figueiras, Bando, Verdía, Busto, Carballal, Enfesta, Sabugueira e Marantes.
Iniciado o proceso para acometer novas obras de pavimentación no rural por case 400.000 euros
20/01/2017 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar os procedementos de licitación de dúas actuacións de mellora da pavimentación en parroquias do rural de Santiago, nos dous casos vinculadas ao POS 2016 da Deputación da Coruña. En total, vanse investir máis de 375.000 euros en viarios de 13 parroquias.
O primeiro paquete de obras que sae hoxe a licitación é o que inclúe as parroquias de Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Verdía, Nemenzo, Busto, Barciela, Cesar, Carballal, San Caetano e Laraño. O orzamento previsto neste caso é de 204.932,36 euros. O segundo lote de traballos de mellora de pavimentación permitirá actuar en Enfesta, Villestro e O Eixo, por un importe de 171.695,43 euros.Máis dun millón de euros de fondos provinciais para o rural en dous anos