DEPORTE

Máis de 150 tiradores e tiradoras competirán esta fin de semana no XI Open Compos de Esgrima

20/01/2017 A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da Asociación Compostela Esgrima, Xosé Piñeiro, presentaron o XI Open Compos de Esgrima, que se celebrará esta fin de semana no pavillón de Pontepedriña. Esta proba, que reunirá a máis de 150 tiradores e tiradoras de Galicia e de diversos puntos de España, é puntuable para o Ranking Galego de Espada e para o Ranking Nacional de Espada e Florete.

A xornada do sábado arrancará co Ranking Galego de España masculina, onde se rexistra a maior inscrición, cuns 50 competidores. Repite como favorito Álvaro Calderón, gañador en 8 das 10 edicións do torneo. Aos participantes galegos sumaranse outros procedentes de Tenerife, Madrid, Oviedo, Valladolid, Burgos...

A continuación celebrarase o Ranking Galego de Espada feminino, no que parten como favoritas Rosa Cano, de Vigo, e a compostelá Araceli Bugallo, se ben nesta proba son habituais as sorpresas. Tras esta competición, vez para o Nacional de Veteranos, no que entran en competición os veteranos de florete, arma que regresa a Compostela tras catro anos.

O torneo seguirá o domingo coa espada do Nacional de Veteranos, onde o citado Álvaro Calderón, do Olivo de Vigo, e Fernando Damas, do Europeo de Las Rozas, optan a repetir a final da pasada edición. En espada feminina, igual que no Open Ranking Galego, Rosa Cano e Araceli Bugallo parten como favoritas.

A fin de semana de esgrima pecharase cos e coas espadistas cadetes, menores de 17 anos.

Direccións relacionadas



Compartir: