ESPAZOS CIDADÁNS
Prazos das obras
Jorge Duarte recoñeceu que as obras de Vista Alegre "están nun dos momentos máis molestos para a veciñanza, porque na rúa de Santa Comba estanse cambiando as redes de subministro, unha actuación que rematará a próxima semana". Segundo os prazos manexados polo concelleiro de Espazos Cidadáns, no próximo mes rematarán os traballos na rúa Bispo Diego Peláez. O punto máis problemático a día de hoxe é a zona do túnel de Santa Comba, onde está pendente de aprobación un proxecto modificado. Cando se cumpra este trámite, as obras terán un prazo de tres meses.
Jorge Duarte reúnese coa veciñanza de Vista Alegre para explicar o estado das obras do barrio
18/01/2017 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade reunirase esta tarde coa veciñanza de Vista Alegre para dar conta da situación na que se atopan as obras que se están executando no barrio. A xuntanza será no local social, a partir das 20:00 horas.
Jorge Duarte reiterou que "o Goberno non ten ningunha intención de modificar o proxecto previsto no que ten que ver coas terrazas", pero aclarou que hai factores externos que obrigan a algúns cambios. Así, o concelleiro de Espazos Cidadáns lembrou que un informe desaconsella demoler algunhas terrazas na rúa Santa Comba, "porque iso afectaría á seguridade estrutural dos inmobles". Ademais, sinalou que no caso da rúa de San Xoán non se formalizou a cesión dalgunhas das terrazas por parte dos seus propietarios, e esa é unha condición indispensable para acometer a actuación.Prazos das obras