TURISMO

Santiago, a cidade con mellor reputación on line de España

09/01/2017 O buscador de hoteis trivago.es vén de publicar o ranking de reputación on line das principais cidades do mundo, a partir de todas as opinións ofrecidas por viaxeiros ás que ten acceso este portal, máis de 200 millóns procedentes de máis de 200 portais de reserva. Santiago de Compostela, con 83,72 puntos sobre 100, é a cidade española con mellor reputación e sitúase no posto 37 a nivel mundial.

A planta hoteleira de Santiago é seguida moi de lonxe polas de Granada (81,75), Valencia (81,64), Córdoba (81,63), Málaga (81,41) e San Sebastián (81,40). As cidades españolas representadas manteñen unhas valoracións que se moven entre os 81 e os 83 puntos, pero Santiago de Compostela despunta de entre todas elas, superando a puntuación de cidades como Kioto (83,40), Varsovia (83,38), Lisboa (83,16), Bogotá (82,81) ou Washington D.C. (82,44).

Ademais, Santiago de Compostela é a sexta cidade española con maior número de opinións de usuarios sobre hoteis en Internet, con máis de 70.000. Este ranking encabézao Granada e, a nivel mundial, está liderado por Praga, Viena, Budapest e Lisboa.

Compartir: